Saturday 04 de May de 2024

2.000 rapaces e rapazas da contorna de Brión participaron hoxe na exhibición solidaria da Garda Civil


Máis de 2000 rapaces participaron hoxe na exhibición solidaria da Garda Civil que tivo lugar no polideportivo brionés sesión de mañá (9:30 a 13:30 horas) e de tarde (16:00 a 18:00 horas). Unha xornada solidaria na que se recolleron uns 6.000 kilogramos de alimentos e material escolar. Ambos foron entregados a Cáritas para distribuír entre os colectivos máis vulnerables.

A sesión de mañá contou coa visita dos nenos e nenas dos diferentes colexios da contorna entre os que se atopaban os de Ames, Teo e, incluso, o IES de Brión, entre outros. As autoridades asistentes: o alcalde de Brión, José Luís García; o delegado do Goberno de Galicia, Javier Losada; subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, así como o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil e o coronel da Comandancia da Coruña, Luís Francisco Rodríguez e Francisco Javier Jambrina, respectivamente, aproveitaron a mañá para desfrutar en vivo e en directo das diferentes exhibicións previstas, así como para saudar a todos os axentes da Comandancia da Garda Civil na Coruña que coa colaboración do Concello de Brión trouxeron, por primeira vez, esta actividade a Brión e a súa contorna.

Os escolares dos diferentes centros educativo puideron participar dun simulacro de rescate dun ferido en montaña protagonizado polo Equipo Cinolóxico e o Equipo de Rescate e intervención en montaña de Ourense, así como nunha exhibición de actividades de cans de detección de drogas e explosivos. Xa pola tarde, as familias poderan desfrutar dos diferentes simulacros e exhibicións, así como do despegue dun helicóptero da Garda Civil nos terreos anexos ao CEIP Pedrouzos.

O delegado do Goberno quixo agradecer “al Concello de Brión, que nos haya acogido hoy, a Caritas por ejercer nuestra generosidad, y a la Guardia Civil por su esfuerzo por acercarse a la ciudadanía, incluso, a los más jóvenes de Galicia. En este caso a los de Brión para que puedan conocer el trabajo delos Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado que se encargan de la defensea de las libertades y la democracia, así como la muestra de material que se utiliza para preservar nuestro territorio”.

Unha actividade que conta con catro anos de vida percorrendo Galicia e que nesta ocasión achegouse a Brión e á súa comarca. Unha satisfacción para o alcalde brionés que agradeceu o feito de que “escollesen Brión para esta actividade na que participan nenos e nenas pasando un día feliz”. Neste sentido, José Luis García manifestou “a nosa total colaboración dende este Concello coa Garda Civil, que cada vez que a necesitamos colabora con nós”.